luns, 31 de xaneiro de 2022

CORONAVIRUS

 Ola familias! Debido á situación na que nos atopamos,  con algunha/algún nena/o confinada/o ,deixámosvos unhas propostas de actividades, xogos  e vídeos educativos. Coidádevos moito.

Lembramos  as normas que temos que seguir para protexernos vendo uns consellos neste vídeo .









A proposta para traballar  os nenos que están confinados na casa é unha canción de Magín Blanco “ Todo o día na casiña”.


Escoitar a canción e falar cos nenos e nenas de como se sienten nesta nova situación ,tristes , contentos, …..E que é o que máis lles gusta de estar tanto na casa.

Logo farán un debuxo da súa familia facendo fincapé nas expresións das caras da familia ( Contentos, tristes, enfadados, cansados … ).


MÁIS ACTIVIDADES

- Cadernos para imprimir:

 1. Grafomotricidade/Trazos.

https://drive.google.com/file/d/17lhx9eU1eVGZs5r40GEAlcEXMEIVM6oj/view?usp=sharing


2. Recorte con tesoiras

https://drive.google.com/file/d/1zts_SJXXUIKLK0saVFj-eOKge8G6kANU/view?usp=sharing


3. Crebacabezas numéricos do 1 ó 5

https://drive.google.com/file/d/1qXVQ-s7jvqWOPi-yGi2N1-Uu-jws50ki/view






domingo, 30 de xaneiro de 2022

PSICOMOTRICIDADE

 Canto nos gusta facer circuítos, saltar e rodar coas pelotas, andar cos zancos...!

 Últimas sesións de Psicomotricidade en imaxes:









venres, 28 de xaneiro de 2022

DÍA DA PAZ 2022

Celebramos a Paz!

Entre tódalas unidades, levamos a cabo unha pomba, na cal incluimos un código QR, que se o escaneades, poderedes escoitar o poema de Gloria Fuertes "Poema ao non" gravado polo noso alumnado de 4ºA. Na segunda imaxe, podedes observar os trazos e grafismos horizontais e verticais tanto circulares, como a unión da inicial dos nosos nomes. Esperamos que vos guste!












domingo, 23 de xaneiro de 2022

A NOSA MASCOTA “ O CROCODILO CAMILO”

 O pasado luns, 17 de xaneiro, conmemorouse o día de San Antonio Abad, patrón dos animais. Na EEI San Roque temos a nosa mascota da biblioteca, LIBRÍN, que xa coñecedes, tamén cada clase ten a súa propia mascota . No patio do recreo están debuxadas todas as mascotas do cole. E así, en caso de evacuación do centro, cada aula ten que ir á parede onde esta debuxada a súa mascota.

A nosa mascota é o crocodilo Camilo:



A Camilo tamén o temos na porta da entrada da nosa aula, nos percheros, e nos equipos, enriba das nosas mesas.


Aprendimos moitas cousas dos crocodilos :  Que son reptiles carnívoros, que teñen escamas, son ovíparos, son moi longos, que están en perigo de extinción etc...

 
Nos próximos días seguiremos a traballar con contos de crocodilos.






XOGANDO NOS RECANTOS

 Seguimos a traballar por recantos con actividades dirixidas e tamén actividades libres, tendo en común que ademáis de divertirnos tamén aprendemos.




 Imos estreando xogos novos para traballar a atención, a observación, a orientación espacial, as formas xeométricas , etc…







venres, 24 de decembro de 2021

CHEGOU O NADAL

 


Grazas a Iván Vale pola  panxoliña  "CHEGOU O NADAL" .


A clase dos crocodilos deséxanvos  BO NADAL 




DÍA DA SOLIDARIEDADE

 A solidariedade é un dos valores máis importantes a traballar para que comprendan a importancia de compartir e a necesidade de axudarnos uns a outros.

 Vimos o conto que nos deixou Librín na Biblioteca.






domingo, 19 de decembro de 2021

6 DE DECEMBRO, DÍA DA CONSTITUCIÓN


Na asamblea falamos da importancia de ter regras e normas de convivencia, repasamos as normas da clase, identificamos a bandeira de España, o noso País, e a de Galicia, a nosa Comunidade  Autónoma.

3 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 Traballamos  un conto moi sinxelo que pon de manifiesto que a discapacidade está moito máis na contorna  que na propia persoa.


Introducimos as figuras xeométricas círculo e cadrado, traballamos as partes da nosa cara redondita díante do espello e falamos  da importancia da amizade, do respecto ás diferenzas, da empatía de poñernos no lugar de cadradiño, dos sentimentos, etc.




   



Participamos na proposta “ BAIXO O MESMO PARAUGAS”



venres, 17 de decembro de 2021

PARABÉNS AO MEU ANTIGO ALUMNADO E AO PROFESORADO

 Achegamos o enlace no que podedes visualizar a interpretación do conto e a canción "Orellas de bolboreta" por parte do antigo alumnado da nosa escola, durante a promoción 2018-2021. Desexamos que vos guste.

https://tobiobiblio.blogspot.com/2021/12/t-lemos-orellas-de-bolboreta.html

https://www.youtube.com/watch?v=GWRlzA_n2yc&feature=youtu.be

mércores, 15 de decembro de 2021

PANXOLIÑA "CHEGOU O NADAL"

 Con motivo da  chegada das festas do Nadal, deixámosvos esta panxoliña creada por Iván Vale, a cal estamos aprendendo a cantar na clase. Desexamos que vos guste! 




domingo, 12 de decembro de 2021

AS NOSAS MERENDAS SAUDABLES

 Aprendemos a recoñecer e diferenciar alimentos típicos do outono, ampliamos vocabulario, relacionamos e asociamos o froito e o seu interior. 
  Grazas familias por esas merendas tan saudables!




     Xogo de relacións  e asociacións con froitas:



domingo, 28 de novembro de 2021

22 DE NOVEMBRO SANTA CECILIA

 Celebramos o día de Santa Cecilia a patroa da música preparando esta canción ...

Viva a Música!

TRES CASTAÑAS POLO CHAN
"EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES"


20 DE NOVEMBRO: DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS

 DEREITO A TER UNHA IDENTIDADE: O NOME .

En tres anos fomentamos que cada neno sexa capaz de escribir o seu nome propio mostrándolle actividades e xogos desde un enfoque constructivista que permita que o aprendan de forma significativa.

Presentamos as letras do abecedario e asociamos a letra inicial do seu nome e a súa foto.





Achegamento ás letras do abecedario e as súas emocións mediante o libro ABECEMOCIONES.


Asociación da propia identidade a súa imaxe corporal e o seu nome facendo debuxos e monigotes de se mesmo.




Lendo o ABEZOO un libro de poemas onde  cada letra é un animal. 




 Canción dos dereitos dos nenos "YO QUIERO" de RUBÉN RUEDA.


domingo, 21 de novembro de 2021

O OUTONO


 Pasamos das cores do medo: vermella (o sangue), negra (a noite) e morada (porque si), as cores do outono.


Enchemos a aula con follas das cores do outono: amarelas, laranxas, vermellas, verdes e marróns co fin de ir creando un ambiente idóneo para traballar e chamar a atención dos nenos.





domingo, 7 de novembro de 2021

SAMAÍN 2021

 Celebrando o Samaín tivemos a oportunidade de traballar os medos de maneira lúdica, dándolles lugar na nosa clase.

Despois de escoitar e ver contos e vídeos de MEDO, falamos e recoñecemos na asemblea os nosos "medos a"...( tronos, lobo, crocodrilos, arañas, escuridade, o ruido da lavadora...)

Fixemos unha pantasma "come medos", onde cada neno lle deu de comer o seu medo, dicindo así adeus aos nosos medos.

Moitas grazas a IVÁN VALE pola sua canción:"MEDO, NON TEÑAS MEDO"

O MONSTRO DE CORES



O monstro de cores non sabe o que lle pasa. Fíxose unha lea coas emocións e agora tócalle desfacer o envurullo. Deberá aprender a poñer en orde a alegría, a tristura, a rabia, o medo...




Elaboramos xogos para os recantos a partir de material de refugallo.




O encargado do día pon unha pinza no  "emocionómetro do monstruo de cores", recoñecendo e interpretando a súa emoción.

Ao longo do curso seguiremos traballando as emocións.

FESTA RACHADA !

 Para despedir o curso tivemos dous días de festa coas seguintes actividades: PRIMEIRO DÍA: Desfile e baile de disfraces na nosa clase cos n...