luns, 30 de maio de 2022

TI SI QUE ES UN BO PEIXE

É un programa creado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos frescos do noso mar.





 







Tamén tivemos tempo para cantar e bailar ………..





IMOS Á PEIXERÍA

Grazas a David, (un oceanógrafo moi simpático)  aprendemos moitas cousas do mar dentro das Xornadas Infantís de divulgación científica e educación ambiental na Mariña e en Ortegal.










IOGA

 A palabra “ IOGA” significa unión. Co ioga trabállase o corpo e a mente para ser feliz. Nesta ocasión Natalia Cora ensinounos a plantar a semente da tranquilidade e a flor máxica que é a postura do relax. Canto aprendemos e que relaxados quedamos !













luns, 23 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

Podedes ver o vídeo das Letras Galegas no apartado de Dinamización da Lingua Galega. Deixo unha pequena mostra en fotos. 













ESCOITAMOS COMO LES



Grazas a familia de ENEKO por compartir con nós o conto “ Bolobo” , un conto que nos fala da superación persoal e da empatía . Quedamos abraiados coa vosa narración.  Deixámosvos mostra dos debuxos que fixemos.




DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS ( 20 DE MAIO )


 Participamos nun concurso fotográfico representando a función de polonización das abellas.







luns, 9 de maio de 2022

VIDEOCONFERENCIA CON SARAY RIO

 Deixamos a proba fotográfica dos consellos que tiveron éxito (enmascarar alimentos, neste caso o chorizo dentro do queixo ) e presentar alimentos de forma lúdica e apetecible a vista  ( bocata coa inicial do nome do neno ).







VISITA AO CENIMA DE FOZ

 Os nenos da Escola Educación Infantil San Roque recibiron as felicitacións do guia polo ben que se portaron e o atentos  e interesados que estiveron en todo o percorrido da exposición de pinturas, esculturas,  e fotografias de artistas como : David Catá, Neira Broch, Otero Regal , etc na 7ª edición  SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS DA MARIÑA.


    

GRAZAS a DAVID CATÁ pola música  “Bajo mi piel”

Agora tócanos a nós facer a nosa obra de arte para expoñer no CENIMA,  aquí deixámosvos un adianto.






IOGA CON NATALIA CORA

 Segunda sesión de Ioga con Natalia Cora, nesta ocasión de maneira presencial.








sábado, 7 de maio de 2022

domingo, 1 de maio de 2022

DESPEDIDA

Despois de dous meses na nosa escola, a profe Tania, de inglés e apoio en 4ºA, vaise 😔

A clase dos crocodilos fixémoslle un pequeno caderno na que nos debuxamos con ela. 

🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊

Desexámoslle moita sorte  e esperamos que nos visite pronto. 

Tania agasallounos cun diploma que colgaremos no noso recuncho de fotos.  Cantas apertas a profe TANIA! 

💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕 








CONTACONTOS

 Que atentos e que ben o pasamos na sesión de contacontos de Raquel  Queizas!









 



ANIMALES (ANIMALS)

 Aprendemos os nomes dos animais en Inglés coa profe Tania.






CREANDO CON PABLO OTERO

 O artista visual e ilustrador  Pablo Otero impartiu un obradoiro creando unha obra de arte cos nenos con material de refugallo.