domingo, 28 de novembro de 2021

22 DE NOVEMBRO SANTA CECILIA

 Celebramos o día de Santa Cecilia a patroa da música preparando esta canción ...

Viva a Música!

TRES CASTAÑAS POLO CHAN
"EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES"


20 DE NOVEMBRO: DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS

 DEREITO A TER UNHA IDENTIDADE: O NOME .

En tres anos fomentamos que cada neno sexa capaz de escribir o seu nome propio mostrándolle actividades e xogos desde un enfoque constructivista que permita que o aprendan de forma significativa.

Presentamos as letras do abecedario e asociamos a letra inicial do seu nome e a súa foto.





Achegamento ás letras do abecedario e as súas emocións mediante o libro ABECEMOCIONES.


Asociación da propia identidade a súa imaxe corporal e o seu nome facendo debuxos e monigotes de se mesmo.




Lendo o ABEZOO un libro de poemas onde  cada letra é un animal. 




 Canción dos dereitos dos nenos "YO QUIERO" de RUBÉN RUEDA.


domingo, 21 de novembro de 2021

O OUTONO


 Pasamos das cores do medo: vermella (o sangue), negra (a noite) e morada (porque si), as cores do outono.


Enchemos a aula con follas das cores do outono: amarelas, laranxas, vermellas, verdes e marróns co fin de ir creando un ambiente idóneo para traballar e chamar a atención dos nenos.





domingo, 7 de novembro de 2021

SAMAÍN 2021

 Celebrando o Samaín tivemos a oportunidade de traballar os medos de maneira lúdica, dándolles lugar na nosa clase.

Despois de escoitar e ver contos e vídeos de MEDO, falamos e recoñecemos na asemblea os nosos "medos a"...( tronos, lobo, crocodrilos, arañas, escuridade, o ruido da lavadora...)

Fixemos unha pantasma "come medos", onde cada neno lle deu de comer o seu medo, dicindo así adeus aos nosos medos.

Moitas grazas a IVÁN VALE pola sua canción:"MEDO, NON TEÑAS MEDO"

O MONSTRO DE CORES



O monstro de cores non sabe o que lle pasa. Fíxose unha lea coas emocións e agora tócalle desfacer o envurullo. Deberá aprender a poñer en orde a alegría, a tristura, a rabia, o medo...




Elaboramos xogos para os recantos a partir de material de refugallo.




O encargado do día pon unha pinza no  "emocionómetro do monstruo de cores", recoñecendo e interpretando a súa emoción.

Ao longo do curso seguiremos traballando as emocións.

luns, 1 de novembro de 2021

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA

 Para celebrar o Día das Bibliotecas fomos a nosa Biblioteca de centro seguindo os pictogramas do corredor. Unha vez alí repasamos as normas, contamos un conto e tamén xogamos.






Tamén fixemos uns mouchiños de Librín para colgar nas portas.




E por suposto non podía faltar o noso Librín de OUTONO




"MONSTRUO ROSA"

Comezamos o curso traballando o conto "Monstruo Rosa", de Olga De Dios. É un conto sobre o valor da diferenza (diversidade). Fainos valorar a amizade, o agarimo, a importancia de sentirse querido como un é (autoestima). Ademais, mentras contamos un conto con valores, transmítenos os primeiros conceptos: grande-pequeno, alto-baixo, os números, descubrimos as cores, as formas, as emocións de ledicia-tristura...


Coas mans fixemos o noso monstro Rosa











CREANDO CON PABLO OTERO

 O artista visual e ilustrador  Pablo Otero impartiu un obradoiro creando unha obra de arte cos nenos con material de refugallo.