domingo, 3 de decembro de 2023

25 DE NOVEMBRO ( DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÈNERO )

Entre todo o alumnado da escola San Roque fixemos un mural onde os nenos de 6º de E.Infantil debuxaban cousas malas e violentas e os de  5º e 4º de  E.Infantil debuxaban e perfilaban cousas boas e agarimosas. Unha experiencia nova o de pintar con cores flúor que logo visualizamos a escuras baixo a luz negra.














2



ESCOITAMOS COMO LES

 Que sorpresa tivemos! A nai do noso compañeiro Álvaro contounos o conto "A QUE SABE A LÚA?"




DÌA DO PIXAMA (20 DE NOVEMBRO). .DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA.

 Co feito de vir en pixama búscase dar visibilidade o dereito de toda a infancia a vivir en familia. A iniciativa partiu dunha nai, que pertence a Acougo, a Asociación galega de familias de acollida. Para os rapaces é divertido e para o profesorado serve para traballar cos alumnos valores e para que reflexionen a sorte que teñen de ter unha familia.

Vimos contos como “ Un puñado de botones “



Fixemos un pequeno mural  para visualizar que cada pegada da man é diferente o igual que cada familia . Destacando a idea de que a diversidade fainos especiais.














CREANDO CON PABLO OTERO

 O artista visual e ilustrador  Pablo Otero impartiu un obradoiro creando unha obra de arte cos nenos con material de refugallo.