luns, 25 de abril de 2022

MOLA QUE CHOVA!

 Encántanos os días de choiva xa que aproveitamos para ir ao espazo  Marker na ludoteca.


















¡ VIVAN LAS UÑAS DE COLORES !

 Traballamos o conto:"!vivan las uñas de colores! xa que vivimos a mesma situación dentro da aula cun neno que traía as uñas pintadas. É un conto que nos fala da empatía, das emocións, da tolerancia e sobre todo da igualdade.

 Despois de ler o conto na clase vimos o vídeo, analizámolo e fixemos xogos de uñas para  o noso recanto da lóxica-matemática.













DÍA MUNDIAL DO LIBRO INFANTIL E DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

 O 2 de Abril conmemoramos o día do libro  e o autismo decorando un marcapáxinas.


Tamén fixemos este fermoso mural repasando as partes da cara e visualizando que aínda que todos somos diferentes, xuntos encaixamos.



domingo, 3 de abril de 2022

DAMOS A BENVIDA Á PRIMAVERA

 Despois de ver e escoitar o músicograma de Vivaldi da Primavera, saímos o patio da nosa escola a pintar con xices de cores no chan e na parede.

PRIMEIRA SESIÓN:










 

SEGUNDA SESIÓN :







Tamén tivemos sesión de Ioga  primaveral  con Natalia Cora,  fixémolo xenial !  





TALLER DE CONSUMO

 O pasado 15 de marzo conmemorouse o Día Mundial  dos Dereitos dos Consumidores. Na EEI SAN ROQUE  tivemos un taller de consumo grazas a Escola Galega de Consumo da Xunta de Galicia  a través do conto “ O aniversario de Xulia” .





O INVERNO

 Fixemos actividades manipulativas e creativas, creamos neve caseira con dous ingredientes: bicarbonato de sodio e auga. Con ela elaboraron bonecos de neve. 

Experimentamos a crear e debuxar con xeo de cores,  aprendemos  os nomes dos animais de inverno coa profe Chus, etc.



Xogamos no recuncho de inverno aos trasvases de auga con diferentes aparellos. É un exercício óculo-manual onde traballan a psicomotricidade fina, a atención, conceptos como cheo-baleiro, dentro-fóra ,etc.





CREANDO CON PABLO OTERO

 O artista visual e ilustrador  Pablo Otero impartiu un obradoiro creando unha obra de arte cos nenos con material de refugallo.