domingo, 20 de febreiro de 2022

PLANTAMOS

 A profe Tania axudounos a plantar uns bulbos nos nosos zapatos, logo deixámolos no invernadoiro que temos no patio. Estamos todos emocionados polo que poida crecer...









ESCOITAMOS COMO LES

 Recibimos o primeiro conto: “ O COELLIÑO BRANCO” dos papás de Álvaro, o noso compañeiro.

Vímolo dúas veces porque lles encantou.  Despois fixemos estes debuxos.

Animádevos a participar os demais papás!



CANCIÓN :


domingo, 13 de febreiro de 2022

O CROCODILO CIRILO

 Cóntanos a historia dun crocodilo que non é igual a os demais e por iso está triste. É un conto sobre a cor da pel onde se traballa a empatía,  poñerse  no lugar do outro, e a diversidade.


Despois de poñerenos no lugar de Cirilo aprendemos  a importancia de querernos todos e respetarnos sen desprezar ni tratar mal a  ninguén por ser diferente.

Entre todos fixemos este mural de Cirilo.








Carmen, a máis pequena da familia dos crocodilos, deléitavos cun fermoso poegrama:



Aproveitamos a tristeza de Cirilo para traballar esta emoción.




sábado, 12 de febreiro de 2022

11F-DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA : AZUCENA MORA

A clase dos crocodilos, eliximos, para conmemorar o día da muller e a nena na ciencia, a AZUCENA MORA, Veterinaria e Científica experta en seguridade alimentaria.











CREANDO CON PABLO OTERO

 O artista visual e ilustrador  Pablo Otero impartiu un obradoiro creando unha obra de arte cos nenos con material de refugallo.