domingo, 24 de outubro de 2021

18 DE OUTUBRO: DÍA DAS ESCRITORAS

 Aproveitando que no SAMAÍN imos traballar "AS ARAÑAS", recitamos entre todos o poema de Ana María Fernández: A SEÑORA ARAÑA.

Grazas familias por crear estas fermosas arañas.

16 DE OUTUBRO: DÍA DA ALIMENTACIÓN

 Para solidarizarnos coa población Canaria, o 16 de outubro,  día da alimentación, toda a escola, merendamo plátanos de Canarias.







Tamén fixemos un pequeno experimento para comprender máis a situación que está a vivir o pobo Canario:







15 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES RURAIS

 Fixemos unha pequena homenaxe as nosas queridas avoas:

  • Dolo de O REAL
  • Marta de Magazos
  • Toñita de Viveiro
  • Carmen de Escourido
  • Loli de Galdo
  • Pili de Abrela
  • Dori de Chavín
  • Toñita de  Abrela
  • Esther de Ceranzos (Xove)

Todas elas plantan: repolos, grelos, tomates, patacas, cebolas, leitugas, calabacín, etc

Na aula estivemos xogando e aprendendo cos BITS da intelixencia destes alimentos que traballan as nosas avoas:





sábado, 9 de outubro de 2021

DÍA DOS ANIMAIS

O 4 de outubro é o Día dos Animais, dedicado á responsabilidade fronte ao abandono das nosas mascotas. 
Como fiel amante dos animais que son, non podía deixar pasar a oportunidade de traballar o respecto e coidado cara eles.

Despois de visualizar estes vídeos, traballamos sobre as nosas mascotas.
Tamén nos recunchos e no momento da psicomotricidade

domingo, 3 de outubro de 2021

RECUNCHOS DE AULA

 Un dos momentos máis importantes na xornada escolar, especialmente durante o período de adaptación, son os xogos nos diferentes recunchos da aula. Os recunchos serán fixos, que estarán ao longo do curso, e móbiles, por exemplo o de música ou o que crearemos nos diferentes proxectos.

A seguintes imaxes mostran algúns exemplos nestes primeiros días de escola.

RECUNCHO DA CASIÑA







RECUNCHO DA BIBLIOTECA




RECUNCHO DOS CREBACABEZAS



RECUNCHO DAS CONSTRCIÓNS




RECUNCHO DE PLÁSTICA




RECUNCHO DE MÚSICA







PERÍODO DE ADAPTACIÓN

 Os primeiros días na escola serven ao alumnado para adaptarse  aos novos espazos, as novas rutinas, coñecer aos novos compañeiros, mestres, persoal non docente, etc E neste curso escolar tamén para adaptarse ao protocolo COVID que toda a comunidade escolar debemos levar a cabo. 







CREANDO CON PABLO OTERO

 O artista visual e ilustrador  Pablo Otero impartiu un obradoiro creando unha obra de arte cos nenos con material de refugallo.