domingo, 19 de xuño de 2022

PSICOMOTRICIDADE

Deixamos a proba do ben que o pasamos os venres en psicomotricidade  facerndo ioga, bailando e xogando ...


IOGA

 

 
                                     
                                                   BAILE




                                        XOGOS NO PATIO







PITUSA SEMIFUSA

 Grazas a Pitusa Semifusa coñecemos as familias de instrumentos : CORDA, VENTO E PERCUSIÓN.



 





PLATO ALIMENTES. EL MENÚ SALUDABLE

 É un programa dos supermercados GADIS para adquisición de bos hábitos alimentarios desde a infancia.

Na clase clasificamos os alimentos e tamén fixemos os  nosos menús saudables.






domingo, 12 de xuño de 2022

SOUTO DA RETORTA





 

 

FIGURAS XEOMÉTRICAS

 Seguimos a traballar coas figuras xeométricas a través das obras de arte e dos contos. 





Neste conto repasamos as figuras xeométricas, as partes do corpo, a importancia de axudarnos e colaborar entre todos,  as emocións e coñecimos a un novo pintor: JOAN MIRÓ.

Así quedou o resultado final das nosas obras de arte.








Tamén repasamos as figuras xeométricas cadrado e rectángulo co artista francés MONDRIAN



 












Outros contos que lemos :
                        




A NOSA MISIÓN : TRANSPLANTAR

O pasado mes de febreiro a profe Tania axudounos a plantar uns bulbos de gladiolos nos nosos zapatos.
Xa vistes o resultado,  con coidados e atención, medraron moito. Agora tedes a misión de transplantalos na vosa casa a unha maceta,  xardín ou horta.  Dexesamos  ver algunha foto cando brote a flor.









 



domingo, 5 de xuño de 2022

TÁ EN ARTES

Xa podedes ver os traballos feitos polo alumnado de distintos centros da Mariña na exposición do CENIMA en FOZ. A Exposición estará aberta ata o día 15 de xuño e poderá visitarse pola mañá, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h, e pola tarde, o día 8 de xuño, de 18:00 a 20:00 h.

 Grazas o alumnado do Cep Lois Tobio e o mestre de música Iván Vale pola música.


Deixamos unha pequena  mostra da elaboración da nosa obra de arte “TRISTEZA" coa música dos alumnos do CEP LOIS TOBIO.



O noso compañeiro Santi fai unha interpretación espontánea do noso cadro.





FAI” CLIC “O TEU BOCATA

O principal obxectivo desta campaña é trasmitir os nenos de Educación Infantil a importancia de consumir os produtos do mar en conserva, é un programa creado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia.










 Que ben o pasamos xogando  a elixir alimentos sans e nutritivos, a limpar o mar de lixo  e a ser mariñeiros con cana de pescar magnética!.




Amosamos  a proba de que os rapaces trasmiten na casa o aprendido na escola …. deberes feitos!😉
Grazas familias.






OS MAIOS

Canto nos gusta traballar para decorar a nosa escola!. Nesta ocasión fixemos flores para a nosa árbore da entrada na celebración dos maios. Podedes ver o video da festa dos MAIOS 2022 no apartado de Dinamización da Lingua Galega.

















CREANDO CON PABLO OTERO

 O artista visual e ilustrador  Pablo Otero impartiu un obradoiro creando unha obra de arte cos nenos con material de refugallo.