domingo, 27 de marzo de 2022

21 DE MARZO DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

 Conmemoramos o día do Síndrome de Down participando na proposta  de actividades feitas pola Asociación do Síndrome de Down de Lugo.

Despois de ver e traballar sobre  o conto "O Cazo de Lorenzo" fixemos este fermoso mural coa axuda da profe Tania.

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                       

       CONTO: O CAZO DE LORENZO 








21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA


 

domingo, 20 de marzo de 2022

GRAFISMO CREATIVO

 Seguimos a traballar as liñas verticais, horizontais e os círculos con diferentes materiais: xices, rotuladores, pinturas, ceras, etc; e en diferentes soportes como as xanelas, o chan, o encerado, en murais...

















SORPRESA, SORPRESA !

 Esta semana estreamos a nosa nova pantalla, pasámolo xenial vendo os vídeos do noso blogue dos crocodilos.



Vendo os vídeos de música:


E tamén facendo actividades na clase de Inglés:



ST. PATRICK´S DAY

 O Xoves, 17 de Marzo, conmemoramos na clase de Inglés  coa profe Tania o día de San Patricio.






MOCHILAS VIAXEIRAS

 O pasado luns, 14 de Marzo, saíu a segunda mochila viaxeira da clase dos crocodrilos. 







Non vos esquezades de escribir, debuxar ou facer algunha manualidade no caderno de Librín!

domingo, 13 de marzo de 2022

PSICOMOTRICIDADE

 Últimas dúas sesións de psicomotricidade onde traballamos a coordinación motriz, a coordinación ollo-manual, os desprazamentos, o equilibrio, o control postural, a percepción espacial, as habilidades motrices, etc. E o máis importante: pasámolo xenial!


1º SESIÓN  DE PSICOMOTRICIDADE :










 


2º SESION DE PSICOMOTRICIDADE : 









ESCOITAMOS COMO LES

 A familia do noso  compañeiro Hugo deleitaronnos cunha sesión de contacontos, tanto a súa nai María, o seu pai Álex, o seu irmán Diego  e o noso Hugo que tamén se atreveu a narrar o conto “ El pollo Pepe va de viaje". Parabéns  a toda a familia.







CANCIÓN :



venres, 11 de marzo de 2022

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA


 Partindo do cadro de Maruja Mallo “Elementos para el deporte” investigamos sobre mulleres que destacaron no deporte e eliximos a futbolista Verónica Boquete.






O Xoves, na clase de Audición e Linguaxe coa profe Chus, tamén estivemos traballando a Verónica Boquete. Co escornabot fumos seguindo os acontecementos máis importantes da súa vida.









MOCHILAS VIAXEIRAS

 Ola familias!

Na clase dos crocodilos xa levaron o luns, 7 de Marzo, a primeira mochila viaxeira. Vai cargada de libros, contos, xogos, etc para desfrutar en familia. Non vos esquezades de escribir, debuxar ou facer algunha manualidade no caderno de Librín.





domingo, 6 de marzo de 2022

ENTROIDO 2022

Podedes ver o vídeo do ENTROIDO 2022 da EEI SAN ROQUE  no apartado de Dinamización da Lingua Galega.



23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA E 21 DE FEBREIRO: DÍA DA LINGUA MATERNA

 O pasado 23 de febreiro conmemorouse o DÍA DE ROSALÍA. É a primeira vez que se celebra nesta data xa que, a nova documentación atopada, acredita como data do nacemento real de Rosalía De Castro o día 23 de febreiro e non o 24.

 Coa colaboración de todo o alumnado da escola recitamos o poema “Parece unha rosa”. Podedes velo no apartado de Dinamización da Lingua Galega.

 Na clase fixemos estas fermosas rosas e a palabra en lingua materna elixida foi “ AMIZADE” .







CREANDO CON PABLO OTERO

 O artista visual e ilustrador  Pablo Otero impartiu un obradoiro creando unha obra de arte cos nenos con material de refugallo.