domingo, 23 de xaneiro de 2022

A NOSA MASCOTA “ O CROCODILO CAMILO”

 O pasado luns, 17 de xaneiro, conmemorouse o día de San Antonio Abad, patrón dos animais. Na EEI San Roque temos a nosa mascota da biblioteca, LIBRÍN, que xa coñecedes, tamén cada clase ten a súa propia mascota . No patio do recreo están debuxadas todas as mascotas do cole. E así, en caso de evacuación do centro, cada aula ten que ir á parede onde esta debuxada a súa mascota.

A nosa mascota é o crocodilo Camilo:



A Camilo tamén o temos na porta da entrada da nosa aula, nos percheros, e nos equipos, enriba das nosas mesas.


Aprendimos moitas cousas dos crocodilos :  Que son reptiles carnívoros, que teñen escamas, son ovíparos, son moi longos, que están en perigo de extinción etc...

 
Nos próximos días seguiremos a traballar con contos de crocodilos.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

ELMER

 Un conto para traballar a diversidade e as diferenzas  transmitindo valores positivos de solidaridade  , respecto  e  amizade.