Cóntanos a historia dun crocodilo que non é igual a os demais e por iso está triste. É un conto sobre a cor da pel onde se traballa a empatía, poñerse no lugar do outro, e a diversidade.
Despois de poñerenos no lugar de Cirilo aprendemos a importancia de querernos todos e respetarnos sen desprezar ni tratar mal a ninguén por ser diferente.
Entre todos fixemos este mural de Cirilo.
Carmen, a máis pequena da familia dos crocodilos, deléitavos cun fermoso poegrama:
Aproveitamos a tristeza de Cirilo para traballar esta emoción.
Vaia traballo en equipo! Cirilo quedou xenial! Da cor preferida de Eneko: amarelo!
ResponderEliminar