O pasado 15 de marzo conmemorouse o Día Mundial dos Dereitos dos Consumidores. Na EEI SAN ROQUE tivemos un taller de consumo grazas a Escola Galega de Consumo da Xunta de Galicia a través do conto “ O aniversario de Xulia” .
domingo, 3 de abril de 2022
O INVERNO
Fixemos actividades manipulativas e creativas, creamos neve caseira con dous ingredientes: bicarbonato de sodio e auga. Con ela elaboraron bonecos de neve.
Experimentamos a crear e debuxar con xeo de cores, aprendemos os nomes dos animais de inverno coa profe Chus, etc.
Xogamos no recuncho de inverno aos trasvases de auga con diferentes aparellos. É un exercício óculo-manual onde traballan a psicomotricidade fina, a atención, conceptos como cheo-baleiro, dentro-fóra ,etc.
domingo, 27 de marzo de 2022
21 DE MARZO DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN
Conmemoramos o día do Síndrome de Down participando na proposta de actividades feitas pola Asociación do Síndrome de Down de Lugo.
Despois de ver e traballar sobre o conto "O Cazo de Lorenzo" fixemos este fermoso mural coa axuda da profe Tania.
CONTO: O CAZO DE LORENZO
domingo, 20 de marzo de 2022
GRAFISMO CREATIVO
Seguimos a traballar as liñas verticais, horizontais e os círculos con diferentes materiais: xices, rotuladores, pinturas, ceras, etc; e en diferentes soportes como as xanelas, o chan, o encerado, en murais...
SORPRESA, SORPRESA !
Esta semana estreamos a nosa nova pantalla, pasámolo xenial vendo os vídeos do noso blogue dos crocodilos.
Vendo os vídeos de música:
E tamén facendo actividades na clase de Inglés:
MOCHILAS VIAXEIRAS
O pasado luns, 14 de Marzo, saíu a segunda mochila viaxeira da clase dos crocodrilos.
Non vos esquezades de escribir, debuxar ou facer algunha manualidade no caderno de Librín!
domingo, 13 de marzo de 2022
PSICOMOTRICIDADE
Últimas dúas sesións de psicomotricidade onde traballamos a coordinación motriz, a coordinación ollo-manual, os desprazamentos, o equilibrio, o control postural, a percepción espacial, as habilidades motrices, etc. E o máis importante: pasámolo xenial!
1º SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE :
ESCOITAMOS COMO LES
A familia do noso compañeiro Hugo deleitaronnos cunha sesión de contacontos, tanto a súa nai María, o seu pai Álex, o seu irmán Diego e o noso Hugo que tamén se atreveu a narrar o conto “ El pollo Pepe va de viaje". Parabéns a toda a familia.
CANCIÓN :
venres, 11 de marzo de 2022
8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O Xoves, na clase de Audición e Linguaxe coa profe Chus, tamén estivemos traballando a Verónica Boquete. Co escornabot fumos seguindo os acontecementos máis importantes da súa vida.
MOCHILAS VIAXEIRAS
Ola familias!
Na clase dos crocodilos xa levaron o luns, 7 de Marzo, a primeira mochila viaxeira. Vai cargada de libros, contos, xogos, etc para desfrutar en familia. Non vos esquezades de escribir, debuxar ou facer algunha manualidade no caderno de Librín.
domingo, 6 de marzo de 2022
23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA E 21 DE FEBREIRO: DÍA DA LINGUA MATERNA
O pasado 23 de febreiro conmemorouse o DÍA DE ROSALÍA. É a primeira vez que se celebra nesta data xa que, a nova documentación atopada, acredita como data do nacemento real de Rosalía De Castro o día 23 de febreiro e non o 24.
Coa colaboración de todo o alumnado da escola recitamos o poema “Parece unha rosa”. Podedes velo no apartado de Dinamización da Lingua Galega.
Na clase fixemos estas fermosas rosas e a palabra en lingua materna elixida foi “ AMIZADE” .
FESTA RACHADA !
Para despedir o curso tivemos dous días de festa coas seguintes actividades: PRIMEIRO DÍA: Desfile e baile de disfraces na nosa clase cos n...
-
O monstro de cores non sabe o que lle pasa. Fíxose unha lea coas emocións e agora tócalle desfacer o envurullo. Deberá aprender a poñer en o...
-
Celebrando o Samaín tivemos a oportunidade de traballar os medos de maneira lúdica, dándolles lugar na nosa clase. Despois de escoitar e ve...
-
Un dos momentos máis importantes na xornada escolar, especialmente durante o período de adaptación, son os xogos nos diferentes recunchos d...








