É un programa creado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos frescos do noso mar.
luns, 30 de maio de 2022
IMOS Á PEIXERÍA
Grazas a David, (un oceanógrafo moi simpático) aprendemos moitas cousas do mar dentro das Xornadas Infantís de divulgación científica e educación ambiental na Mariña e en Ortegal.
IOGA
A palabra “ IOGA” significa unión. Co ioga trabállase o corpo e a mente para ser feliz. Nesta ocasión Natalia Cora ensinounos a plantar a semente da tranquilidade e a flor máxica que é a postura do relax. Canto aprendemos e que relaxados quedamos !
xoves, 26 de maio de 2022
luns, 23 de maio de 2022
LETRAS GALEGAS 2022
ESCOITAMOS COMO LES
Grazas a familia de ENEKO por compartir con nós o conto “ Bolobo” , un conto que nos fala da superación persoal e da empatía . Quedamos abraiados coa vosa narración. Deixámosvos mostra dos debuxos que fixemos.
luns, 9 de maio de 2022
VIDEOCONFERENCIA CON SARAY RIO
Deixamos a proba fotográfica dos consellos que tiveron éxito (enmascarar alimentos, neste caso o chorizo dentro do queixo ) e presentar alimentos de forma lúdica e apetecible a vista ( bocata coa inicial do nome do neno ).
VISITA AO CENIMA DE FOZ
Os nenos da Escola Educación Infantil San Roque recibiron as felicitacións do guia polo ben que se portaron e o atentos e interesados que estiveron en todo o percorrido da exposición de pinturas, esculturas, e fotografias de artistas como : David Catá, Neira Broch, Otero Regal , etc na 7ª edición SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS DA MARIÑA.
sábado, 7 de maio de 2022
domingo, 1 de maio de 2022
DESPEDIDA
Despois de dous meses na nosa escola, a profe Tania, de inglés e apoio en 4ºA, vaise 😔
A clase dos crocodilos fixémoslle un pequeno caderno na que nos debuxamos con ela.
🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊🐊
Desexámoslle moita sorte e esperamos que nos visite pronto.
Tania agasallounos cun diploma que colgaremos no noso recuncho de fotos. Cantas apertas a profe TANIA!
💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕
FESTA RACHADA !
Para despedir o curso tivemos dous días de festa coas seguintes actividades: PRIMEIRO DÍA: Desfile e baile de disfraces na nosa clase cos n...

-
O monstro de cores non sabe o que lle pasa. Fíxose unha lea coas emocións e agora tócalle desfacer o envurullo. Deberá aprender a poñer en o...
-
Un dos momentos máis importantes na xornada escolar, especialmente durante o período de adaptación, son os xogos nos diferentes recunchos d...