Encántanos os días de choiva xa que aproveitamos para ir ao espazo Marker na ludoteca.
luns, 25 de abril de 2022
¡ VIVAN LAS UÑAS DE COLORES !
Traballamos o conto:"!vivan las uñas de colores! xa que vivimos a mesma situación dentro da aula cun neno que traía as uñas pintadas. É un conto que nos fala da empatía, das emocións, da tolerancia e sobre todo da igualdade.
Despois de ler o conto na clase vimos o vídeo, analizámolo e fixemos xogos de uñas para o noso recanto da lóxica-matemática.
DÍA MUNDIAL DO LIBRO INFANTIL E DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO
O 2 de Abril conmemoramos o día do libro e o autismo decorando un marcapáxinas.
Tamén fixemos este fermoso mural repasando as partes da cara e visualizando que aínda que todos somos diferentes, xuntos encaixamos.
domingo, 3 de abril de 2022
DAMOS A BENVIDA Á PRIMAVERA
Despois de ver e escoitar o músicograma de Vivaldi da Primavera, saímos o patio da nosa escola a pintar con xices de cores no chan e na parede.
PRIMEIRA SESIÓN:
TALLER DE CONSUMO
O pasado 15 de marzo conmemorouse o Día Mundial dos Dereitos dos Consumidores. Na EEI SAN ROQUE tivemos un taller de consumo grazas a Escola Galega de Consumo da Xunta de Galicia a través do conto “ O aniversario de Xulia” .
O INVERNO
Fixemos actividades manipulativas e creativas, creamos neve caseira con dous ingredientes: bicarbonato de sodio e auga. Con ela elaboraron bonecos de neve.
Experimentamos a crear e debuxar con xeo de cores, aprendemos os nomes dos animais de inverno coa profe Chus, etc.
Xogamos no recuncho de inverno aos trasvases de auga con diferentes aparellos. É un exercício óculo-manual onde traballan a psicomotricidade fina, a atención, conceptos como cheo-baleiro, dentro-fóra ,etc.
FESTA RACHADA !
Para despedir o curso tivemos dous días de festa coas seguintes actividades: PRIMEIRO DÍA: Desfile e baile de disfraces na nosa clase cos n...

-
O monstro de cores non sabe o que lle pasa. Fíxose unha lea coas emocións e agora tócalle desfacer o envurullo. Deberá aprender a poñer en o...
-
Un dos momentos máis importantes na xornada escolar, especialmente durante o período de adaptación, son os xogos nos diferentes recunchos d...