Aproveitando que no SAMAÍN imos traballar "AS ARAÑAS", recitamos entre todos o poema de Ana María Fernández: A SEÑORA ARAÑA.
Grazas familias por crear estas fermosas arañas.domingo, 24 de outubro de 2021
16 DE OUTUBRO: DÍA DA ALIMENTACIÓN
Para solidarizarnos coa población Canaria, o 16 de outubro, día da alimentación, toda a escola, merendamo plátanos de Canarias.
15 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES RURAIS
Fixemos unha pequena homenaxe as nosas queridas avoas:
- Dolo de O REAL
- Marta de Magazos
- Toñita de Viveiro
- Carmen de Escourido
- Loli de Galdo
- Pili de Abrela
- Dori de Chavín
- Toñita de Abrela
- Esther de Ceranzos (Xove)
Todas elas plantan: repolos, grelos, tomates, patacas, cebolas, leitugas, calabacín, etc
Na aula estivemos xogando e aprendendo cos BITS da intelixencia destes alimentos que traballan as nosas avoas:
sábado, 9 de outubro de 2021
DÍA DOS ANIMAIS
domingo, 3 de outubro de 2021
RECUNCHOS DE AULA
Un dos momentos máis importantes na xornada escolar, especialmente durante o período de adaptación, son os xogos nos diferentes recunchos da aula. Os recunchos serán fixos, que estarán ao longo do curso, e móbiles, por exemplo o de música ou o que crearemos nos diferentes proxectos.
A seguintes imaxes mostran algúns exemplos nestes primeiros días de escola.
RECUNCHO DA CASIÑA
RECUNCHO DA BIBLIOTECA
RECUNCHO DOS CREBACABEZAS
PERÍODO DE ADAPTACIÓN
Os primeiros días na escola serven ao alumnado para adaptarse aos novos espazos, as novas rutinas, coñecer aos novos compañeiros, mestres, persoal non docente, etc E neste curso escolar tamén para adaptarse ao protocolo COVID que toda a comunidade escolar debemos levar a cabo.
FESTA RACHADA !
Para despedir o curso tivemos dous días de festa coas seguintes actividades: PRIMEIRO DÍA: Desfile e baile de disfraces na nosa clase cos n...

-
O monstro de cores non sabe o que lle pasa. Fíxose unha lea coas emocións e agora tócalle desfacer o envurullo. Deberá aprender a poñer en o...
-
Un dos momentos máis importantes na xornada escolar, especialmente durante o período de adaptación, son os xogos nos diferentes recunchos d...